A Empresa

ARCADE INFORHOUSE, confórmase como grupo no ano 2005. As súas dúas razóns sociais principais, ARCADE CONSULTORES e INFORHOUSE, viñan desenvolvendo a súa actividade dende 1994 e 1988 respectivamente, e dispoñían de experiencia consolidada no sector, una carteira de solucións diversificada e personalizada para a súa tipoloxía de clientes e mercado, e equipos de traballo estables e cualificados. Din que a unión fai a forza, e no caso de ARCADE INFORHOUSE así foi. Dende 2005, experimentamos un crecemento estable de negocio, baseado no mantemento e mellora continua; no aproveitamento das sinerxias de solucións, recursos (técnicos e humanos) e clientes; e na integración de novas unidades de negocio. Todo elo, convertiunos nunha das principais compañías do sector TI en Galicia, e a primeira con capital 100% galego.

Baseándonos na atención personalizada, configurouse o mercado de tal forma que ARCADE CONSULTORES oriéntase ao cliente profesional e empresa privada, e INFORHOUSE ao sector público, sector no que xa estaba posicionada coma proveedor TI líder das principais institucións galegas, onde se mantén na actualidade.

Desenvolvemos a nosa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, con persoal localizado de forma permanente en ubicacións estratéxicas nas catro provincias; Norte de Portugal, e Asturias.

Ademais, dende fai 5 anos, contamos cunha empresa do grupo en Panamá, ACIH Tecnologías, como aposta exitosa, pola internacionalización da compañía.

Cunha plantilla actual de máis de 70 persoas, entre personal técnico, comercial e administrativo, cualificados e en continua mellora das súas capacitacións; infraestruturas e recursos técnicos actualizados e dimensionados ás necesidades de nosas solucións e dos nosos clientes; acordos coas principais marcas do sector e certificacións en sistemas de xestión de servizos TI, calidade e medio ambiente; unha carteira de máis de 700 clientes e unha cifra de facturación de máis de 5 millóns de euros en 2015; estamos en disposición de seguir nesta senda de crecemento, na que, a melloracontinua, a nosa vocación de servizo e apoio aos noosos clientes na consecución dos seus obxectivos a través da integración das solucións integrais que poñemos á súa disposición, e a sostenibilidade no desenvolvemento do noso negocio, incluindo aspectos coma a responsabilidade social corporativa, son os nosos principais alicerces no día a día


ARCADE CONSULTORES



¡Atención! Este sitio usa cookies e tecnoloxías similares.

Se non cambia a configuración do seu navegador, vostede acepta o seu uso.

I understand

Contactar - Oficinas Centrales

Ciudad del Transporte 61-69,
Polígono Industrial del Tambre.
Santiago de Compostela
15890 A Coruña, España
Tfno: 981 53 40 15
Fax:   981 53 49 55
E-mail: marketing@arcadeconsultores.es
ÁREA DE CLIENTE